Historia

O Colexio Cervantes, é un Colexio Privado Concertado dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Atópase situado nunha zona urbana do norte da cidade, no número 25 da Rúa Camiño de Pipín, concretamente entre os barrios da Milagrosa, Piringalla- e Garabolos.

O Colexio Cervantes inicia a súa andaina no ámbito da educación no curso escolar 1967-68, sendo a súa primeira situación o Barrio Freijó; Rúa de San Lorenzo, 32-Baixo.

No ano 1971 obtén, segundo a Orde Ministerial do 10 de Maio, una clasificación definitiva como Centro Privado Concertado de oito unidades de EXB.

No curso 1975-1976 fusiónase co «Colegio Sagrado Corazón», sito na Praza do Campo Castelo, e sitúase provisionalmente nas instalacións do salón parroquial da Milagrosa durante dous cursos, mentras se construían as instalacións actuais na Rúa Camiño de Pipín.

Pola aplicación da LOXSE, no curso académico 1995-1996, o Centro pasa a estar constituído por seis unidades de Educación Primaria e tres unidades de Educación Infantil, 9 unidades concertadas en total.

A 175 metros do Centro está a Avda. de A Coruña, unha das principais arterias da nosa cidade, a 350 metros está o Parque da Milagrosa, e a 300 metros a Pza. Viana do Castelo.

Conta nas suas proximidades con multicines, unha residencia de anciáns, dúas escolas infantís, una nova praza da Milagrosa, un supermercado, Biblioteca Municipal, a Casa da Música, o Auditorio Municipal, o parque de tráfico, piscinas Municipales, Parque da Milagrosa e diversas instalacións deportivas (pistas deportivas de tenis, fútbol, futbol sala, etc.)

 O Colexio Cervantes é un centro integrado no que se imparten ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria, que goza de autonomía no ámbito pedagóxico e organizativo de acordo ao que establezan as disposicións legais vixentes e que se configura como unha Comunidade Educativa integrada polo conxunto de persoas que, implicadas na acción educativa, enriquecen os obxetivos do Centro.

O Centro ten autorización para 3 aulas de Educación Infantil (75 postos escolares) e 6 de Educación Primaria (150 postos escolares) e na actualidade conta con 3 unidades en funcionamento de Educación Infantil e 6 unidades en Educación Primaria.

Todos los integrantes da Comunidade Educativa deben respecto ao Ideario e ao carácter propio de Centro.

De acordo co Ideario, o Colexio Cervantes ten como obxetivo fundamental unha educación integral dos alumnos/as mediante o desenvolvemento harmónico de todas as súas potencialidades físicas, psicolóxicas, socioculturais e transcendentes.

O Colexio dispón dun edificio destinado ó ensino Primario e Infantil e un Pavillón anexo. O edificio principal ten forma de rectángulo, e consta de planta baixa, entreplanta e tres plantas altas. Cada planta ten luz á Rúa Camiño de Pipín.

Profesorado

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.